Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:
1. Obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) do CEIP da Serra de Outes en Outes, expediente ED 3/17-O.
1.1. Adxudicatario: Covisam Norte, S.L.
1.2. Importe de adxudicación: 385.980,00 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.
1.3. Data de adxudicación: 21 de xullo de 2017.
1.4. Data de formalización do contrato: 24 de xullo de 2017.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2017
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria