Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de modificación do plan de implantación presentado por Telefónica Móviles España, S.A.U. (expediente 019/17).

Presentada pola mercantil Telefónica Móviles España, S.A.U. solicitude de modificación do plan de implantación e desenvolvemento de telefonía móbil no concello de Sanxenxo (Pontevedra), de conformidade co disposto no artigo 8 da ordenanza municipal para a instalación e funcionamento de instalacións de telefonía móbil persoal e outros servizos de telecomunicación e de difusión, exponse o expediente 019/17 polo prazo dun mes, para os efectos de que se poida alegar o que se considere oportuno.

O expediente poderase consultar nas oficinas de urbanismo do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas.

Sanxenxo, 7 de xuño de 2017

Telmo Martín González
Alcalde presidente