Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38396

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO de notificación de sentenza (380/2016).

Eu, Ivanka Ferreiro Crespo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, anuncio que no presente procedemento ordinario 380/2016 seguido por instancia de Caixabank Sociedad Anónima contra Rafael Agra Sineiro foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 39/2017.

Cambados, 6 de xuño de 2017.

Vistos por min, María José Caramés Blanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Cambados e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario 380/2016, entre partes, dunha, como parte demandante, Caixabank Sociedad Anónima, representada polo procurador José Portela Leirós e asistida tecnicamente polo letrado José Luís Fraga Calviño, e doutra, como parte demandada, Rafael Agra Sineiro, en situación legal de rebeldía procesual, sobre declaración de vencemento anticipado de contrato de crédito hipotecario, acción de reclamación das cantidades debidas en virtude do referido contrato e acción de exercicio do dereito de hipoteca, dítase esta sentenza sobre a base dos seguintes […].

Decido estimando a demanda interposta por Caixabank Sociedad Anónima, representada polo procurador José Portela Leirós contra Rafael Agra Sineiro, en situación legal de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de corenta e nove mil quiñentos nove euros con vinte e tres céntimos (49.509,23 €), máis os xuros pactados.

Todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas».

E encontrándose o devandito demandado, Rafael Agra Sineiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza