De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:
1. Resolución de 21 de decembro de 2015, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización das accións para a execución do proxecto PE-ST-16002 Reinstalación na ría de Aldán dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral sur da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2016 tramitado como anticipado de gasto.
– Actividade: executar os traballos para desenvolver todos os procedementos operativos necesarios para poñer en funcionamento a zona de reinstalación dos moluscos bivalvos no litoral sur (ría de Aldán) da Comunidade Autónoma durante o ano 2016.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2016.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 como anticipado de gasto na aplicación orzamentaria 14.03.723A.604.2, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 1.2.1.
2. Resolución do 27 de xuño de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización dos servizos para a impartición dun programa de accións formativas nos anos 2016-2017 no centro de formación Aixola.
– Actividade: executar os traballos que necesariamente incluirán convocatoria, inscrición, selección, impartición do curso, avaliación dos resultados, elaboración de diplomas de asistencia e/ou aproveitamento e formalización das correspondentes bases de datos dos cursos e alumnos.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xullo de 2016 ata o 30 de xuño de 2017.
-Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.03.722A.640.1 código de proxecto 2016 00258, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, no obxectivo 1.6) Desenvolvemento da formación profesional, de novas competencias profesionais e da formación permanente, na medida 1.6.1 Fomento do capital humano, creación de emprego e do diálogo social. Formación, traballo en rede, diálogo social, axuda a cónxuxes e parellas de feito.
3. Resolución do 15 de marzo de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización dunha aplicación de tecnoloxías pesqueiras para a mellora da selectividade en artes de arrastre da pesqueira de rapantes en augas do Gran Sol.
– Actividade: executar os traballos correspondentes a tecnoloxías que permitan a redución de capturas non desexadas, e, polo tanto, minimizar os posibles descartes, facilitando así mellores prácticas ambientais do sector pesqueiro galego.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: ata o 30 de setembro de 2016.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1 código de proxecto 2016 00287.
4. Resolución de 4 de xaneiro de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización dun programa para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos no marco de actividades de pesca sustentables Femp 2014-2020.
– Actividade: executar os traballos de apoio na preparación do período de programación do Fondo Europeo Marítimo de Pesca no relativo á medida de protección e recuperación da biodiversidade.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: ata o 15 de abril de 2016.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1 código de proxecto 2016 00287 e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 7.
5. Resolución de 17 de xuño de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización da encomenda de xestión relativa ao Proxecto para apoio a cooperación internacional do sector da pesca artesanal e acuicultura a pequena escala.
– Actividade: execución de traballos para desenvolver a cooperación, así como organización do Foro Nacional de Cooperativas de Mulleres da Pesca e Acuicultura de Nicaragua.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: ata o 30 de novembro de 2016.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.01.721A.640.2, código de proxecto 2016 00324.
6. Resolución do 7 de xullo de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización da encomenda de xestión relativa ao apoio á Secretaría Técnica da Rede Invipesca para a mellora de ferramentas de coordinación, difusión e promoción das súas actividades.
– Actividade: desenvolver as accións para o apoio á mellora de ferramentas de coordinación da rede, e a difusión e promoción da rede e as súas actividades.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: ata o 30 de novembro de 2016.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.01.721A.640.2, código de proxecto 2016 00324.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaría xeral técnica da Consellería do Mar