Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada no expediente de subvención para a reforestación e para a creación de superficies forestais número 11360033/2016.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución do procedemento para a concesión dunha prórroga para executar os traballos da axuda relativa ao expediente de subvención número 11360033/2016 (Orde do 28 de de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016).

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle á persoa interesada un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no cal poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para conceder unha prórroga para executar os traballos no expediente de subvención número 11360033/2016.

Interesada: CMVMC de Maceira.

Acto de notificación: resolución.