Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 28 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (RL 2017/0104-4 e outro máis).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2017/0104-4.

Acta: I362017000023232.

Empresa: Galainasa 2006, S.L.U.

NIF: B-27782903.

Enderezo: estrada da Balsa, 5, 1º esquerda; Vigo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigos 13 e 18 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora do Sistema de inspección de traballo e seguridade social.

Preceptos sancionadores: artigos 50.4.b), 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19.6.2017

Resolución: multa de 6.251 €.

Expediente: RL 2017/0108-4.

Acta: I362017000022222.

Empresa: Anrodri, S.L.

NIF: B-36804698.

Enderezo: avenida Alcalde Lavadores, 122; Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.a), 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 8.1, 7.10, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 27.6.2017.

Resolución: multa de 6877 €.

Vigo, 28 de xullo de 2017

O xefe territorial de Vigo
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica