Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 1 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a planta de moenda, almacenamento e expedición de cemento de Cementos Tudela Veguín, S.A.U., en Narón.

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) faise público que, por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada para instalación de moenda, almacenamento e expedición de cemento en Narón, A Coruña. Xullo 2017. Revisión: 1.

– Resumo non técnico de proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada para instalación de moenda, almacenamento e expedición de cemento en Narón, A Coruña. Xullo 2017. Revisión: 1.

– Estudo de impacto ambiental para solicitude de autorización ambiental integrada para instalación de moenda, almacenamento e expedición de cemento en Narón, A Coruña. Xullo 2017. Revisión: 1.

– Resumo non técnico de estudo de impacto ambiental para solicitude de autorización ambiental integrada para instalación de moenda, almacenamento e expedición de cemento en Narón, A Coruña. Xullo 2017. Revisión: 1.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes, os documentos poderán consultarse:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de atención ao público.

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Titular: Cementos Tudela Veguín, S.A.U.

CIF: A74314980.

Domicilio social: rúa Argüelles, 25, Oviedo.

Localización da instalación: nordeste do sector IV do polígono industrial de Río do Pozo.

Actividade: moenda, almacenamento e expedición de cemento.

Descrición da instalación: a planta recibe a granel todos os compoñentes do cemento (clínker, xeso e adicións) para a súa moenda e posterior expedición. O proceso consta das seguintes etapas: transporte e almacenamento de materias primas, moenda do cemento, almacenamento e ensilado (ou ensacado e paletizado, en función do tipo de cemento) e comercialización.

Verteduras: o proceso non xera aguas residuais de orixe industrial. As augas residuais pluviais recóllense e trátanse nunha balsa de decantación antes da súa conexión coa rede municipal de pluviais e as augas sanitarias recóllense e trátanse nunha foxa séptica antes da súa conexión coa rede municipal.