Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38384

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de xullo de 2017 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 8 de xuño de 2017.

Pola Orde do 8 de xuño de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 117, do 21 de xuño de 2017, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 8 de xuño de 2017 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, de seguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: María Jesús Rivera Rodríguez.

Número de rexistro de persoal: 3327326324 A2059.

Corpo ou escala: corpo administrativo da Administración da Xunta.

Subgrupo: C1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: secretario/a director/a xeral.

Código do posto: FCC070000015770001.

Nivel: 18.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral da Función Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.