Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 37992

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 73/2017, do 6 de xullo, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia; no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei; no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia (FSIE-Galicia), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de xullo de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese Armindo Francisco Mera como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos profesores de ensino privado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario, proposto pola Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia (FSIE-Galicia).

Artigo 2

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos profesores de ensino privado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito de ensino non universitario, proposto pola Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia (FSIE-Galicia) a Rodolfo Castro Fernández.

Artigo 3

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que desempeña.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de xullo de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria