Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Hotel Estoril Vigo, S.L.
Domicilio social: rúa Lepanto, 12, 36201 Vigo.
Denominación: CS rúa Lepanto, 12.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: centro de seccionamento, Hotel Estoril Vigo, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado na rúa Lepanto, 12, Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 8 de xuño de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra