Faise pública a Resolución do 17 de xullo de 2017 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal de Culleredo, en cumprimento do disposto na devandita resolución.
O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado no procedemento de aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico segundo o disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
A memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 0905/2009.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático