O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:
I. Contrato de obras: itinerario peonil e ciclista na AC-429. Treito Neaño-Cabana, p.q. 2+176-3+740. Clave: AC/16/053.06. Expediente: E/009/2017.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.
c) Número de expediente: AC/16/053.06. (E/009/2017).
2. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 113358
3. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato de obras.
b) Descrición: itinerario peonil e ciclista na AC-429. Treito Neaño-Cabana, pq 2+176-3+740.
c) CPV: 45233000-9.
d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (22.3.2017).
4. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.
5. Valor estimado do contrato: 300.859,16 €.
6. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 300.859,16 €. Importe total: 364.039,58 €. Cofinanciamento da Unión Europea: programa operativo Feder Galicia 2014-2020 nun 80 %, obxectivo temático 04, prioridade de investimento 04.05, obxectivo específico 04.05.01.
7. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 16.6.2017.
b) Data de formalización do contrato: 10.7.2017.
c) Adxudicatario: Construcciones López Cao, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación:
Importe neto: 232.850,00 €. Importe total: 281.748,50 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2017
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas