Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (528/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 528/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Roberto González Pena contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Semar Aluminio, S.L., e Mutua Fremap ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Tense a Roberto González Pena por desistido da demanda que deu lugar á incoación do presente procedemento de SSS número 528/2014 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Fremap Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 61 e Semar Aluminio, S.L. e, en consecuencia, sen entrar a resolver sobre o fondo do asunto, decrétase o sobresemento e arquivo das actuacións.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de reposición, no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza