Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación do expediente 2017/CSUA1/000007 e oito máis.

Procedemento aberto e trámite ordinario.

Subministracións:

Expediente nº: 2017/CSUA1/000007.

Obxecto: migración a telefonía IP en varios edificios da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 42.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 1.260 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Expediente nº: 2017/CSUA1/000008.

Obxecto: adquisición dun sistema SFC-HRMS para cromatografía de fluídos supercríticos e espectrometría de masas de alta resolución.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 330.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 9.900 euros.

Prazo de execución: 90 días.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este equipo está financiado pola axuda con referencia UNST15-DE-3350 da convocatoria 2015 para infraestruturas científico-tecnolóxicas do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, cofinanciado con fondos Feder.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 31 de xullo de 2017.

Expediente nº: 2017/CSUA1/000009.

Obxecto: adquisición dun equipo AF4 (asymmetrical flow field-flow fractionation) para a plataforma bionanalítica do CiMUS.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 109.835 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 3.295,05 euros.

Prazo de execución: 60 días.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Para este expediente non se presentará o sobre B.

Este equipo está financiado pola axuda con referencia UNST15-DE-3678 da convocatoria 2015 para infraestruturas científico-tecnolóxicas do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, cofinanciado con fondos Feder.

Expediente nº: 2017/CSUA1/000010.

Obxecto: Renovación do equipamento da rede de datos da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 900.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 27.000 euros.

Prazo de execución: 90 días. Prazos parciais: a subministración completa do equipamento establecido nas cláusulas 3.3 e 3.4 do prego de prescricións técnicas e a parcial do equipamento establecido na cláusula 3.2, ata completar o importe de 250.000 euros previsto para o ano 2017, executarase antes do 29 de decembro de 2017.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 31 de xullo de 2017.

Expediente nº: 2017/CSUA1/000011.

Obxecto: adquisición dun equipo de microscopía 3D Light sheet con destino ao CiMUS.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 213.460 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 6.403,80 euros.

Prazo de execución: 12-16 semanas.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este equipo está financiado pola axuda con referencia UNST15-DE-3678 da convocatoria 2015 para infraestruturas científico-tecnolóxicas do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, cofinanciado con fondos Feder.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 31 de xullo de 2017.

Para este expediente non se presentará o sobre B.

Expediente nº: 2017/CSUA1/000012.

Obxecto: subministración de equipamento médico-veterinario para a Facultade de Veterinaria, o Hospital Veterinario Universitario ROF CODINA e o Centro de Investigación en Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET): lote 1 (aparatos de anestesia e ventilación); lote 2 (sistemas de esterilización); lote 3 (resonancia magnética nuclear aberta); lote 4 (sistema de endoscopia multidisciplinar).

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 706.712 euros, IVE non incluído (lote 1: 56.545 euros, IVE non incluído; lote 2: 130.167 euros, IVE non incluído; lote 3: 305.000 euros, IVE non incluído; lote 4: 215.000 euros, IVE non incluído).

Garantía provisional. Lote 1: 1.696,35 euros; lote 2: 3.905,01 euros; lote 3: 9.150 euros; lote 4: 6.450 euros.

Prazo de execución: 45 días.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este equipo está financiado pola axuda con referencia UNST15-DE-3929 da convocatoria 2015 para infraestruturas científico-tecnolóxicas do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, cofinanciado con fondos Feder.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 31 de xullo de 2017.

Expediente nº: 2017/CSUA1/000013.

Obxecto: subministración de 150 equipos informáticos de sobremesa sen monitor e 90 monitores. Lote 1 (150 CPUs cos seus correspondentes teclados e ratos); lote 2 (90 pantallas).

Localidade: Santiago de Compostela e Lugo.

Provincia: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 85.289,26 euros, IVE non incluído (lote 1: 71.900,83 euros, IVE non incluído; lote 2: 13.388,43 euros, IVE non incluído).

Garantía provisional. Lote 1: 2.157,02 euros; lote 2: 401,65 euros.

Prazo de execución: 15 días.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Para este expediente non se presentará o sobre B.

Servizos:

Expediente nº: 2017/CSEA1/000004.

Obxecto: realización da auditoría previa á presentación das contas xustificativas para determinadas subvencións a proxectos de I+D vixentes na anualidade 2017.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 142.600 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 4.278 euros.

Prazo de execución: inicialmente ata o exercicio 2020.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 31 de xullo de 2017.

Obras:

Expediente nº: 405/17.

Obxecto: reforma da sala de necropsias de Anatomía Patolóxica e servizos adxuntos-fase 1-Facultade de Veterinaria.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 277.776,83 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 8.333,30 euros.

Prazo de execución: 26 semanas.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Para este expediente non se presentará o sobre B.

Plan de actuación 2017 do Campus Terra-«Acreditación EAVE».

Este expediente está financiado polo convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número do expediente: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades a entregar/executar: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía.

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico contratacion@usc.es

7. Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 81 12 63, 881 81 12 60.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información.

Expedientes 2017/CSUA1/000007, 2017/CSUA1/000008, 2017/CSUA1/000009, 2017/CSUA1/000011, 2017/CSUA1/000012, 2017/CSUA1/000013, 2017/CSEA1/000004 e 405/17: 14.00 horas do 11 de setembro de 2017.

Expediente 2017/CSUA1/000010: 14.00 horas do 25 de setembro de 2017.

8. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: non se exixe.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación:

Expedientes 2017/CSUA1/000007, 2017/CSUA1/000008, 2017/CSUA1/000009, 2017/CSUA1/000011, 2017/CSUA1/000012, 2017/CSUA1/000013, 2017/CSEA1/000004 e 405/17: 14.00 horas do 11 de setembro de 2017.

Expediente 2017/CSUA1/000010: 14.00 horas do 25 de setembro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación. Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora.

Expedientes 2017/CSUA1/000007, 2017/CSUA1/000008, 2017/CSUA1/000012 e 2017/CSEA1/000004. Sobre B: 13.00 horas do 21 de setembro de 2017; sobre C: 13.00 horas do 5 de outubro de 2017.

Expedientes 2017/CSUA1/000009, 2017/CSUA1/000011, 2017/CSUA1/000013 e 405/17. Sobre C: 13.00 horas do 21 de setembro de 2017.

Expedientes 2017/CSUA1/000010. Sobre B: 13.00 horas do 5 de outubro de 2017; sobre C: 13.00 horas do 19 de outubro de 2017.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 22.9.2015; DOG do 5 de outubro)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela