Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36997

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (171/2015).

Peza: recurso de apelación (LACN) 171/2015

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Negreira

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 249/2013

Recorrente: Vitogas España, S.A.

Procuradora: María del Pilar González Morán

Peza de apelación número 171/2015

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza o 7 de abril de 2016, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o sete de abril de dous mil dezaseis.

No recurso de apelación civil número 171/2015, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Negreira, en xuízo ordinario número 249/2013, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 7.024,54 euros, seguido entre partes, como apelante, Vitogas España, S.A., representada pola procuradora Sra. González Morán, e como rebelde, Carniceros do Xallas-Barbanza, S.A. É relator Julio Tasende Calvo.

Desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Vitogas España, S.A. contra a sentenza ditada no xuízo ordinario número 249/13, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Negreira, debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución, e condenamos a parte apelante ao pagamento das custas desta alzada.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG), co obxecto de notificar á parte declarada en rebeldía, Carniceros do Xallas-Barbanza, S.A., expido e asino este edicto. Dou fe.

A Coruña, 12 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza