Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2017/20-2, 8488 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: cambio de sección na LMTS Espiñeirido 1 na urbanización de Riocobo.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

1. 390 m da LAT soterrada baixo tubaxe, en condutor tipo RHZ1 240 (12/20 kV) para unha tensión nominal e de servizo de 20 kV, intensidade máxima admisible de 204,80 A, con orixe no apoio 7 (para substituír) e final no CT VV. SS. Riocobo (CD 45090) para unha potencia prevista para transportar de 6.385 kW.

2. 290 m da LAT soterrada baixo tubaxe, no condutor tipo RHZ1 240 (12/20 kV) para unha tensión nominal e de servizo de 20 kV, intensidade máxima admisible de 204,80 A e unha potencia prevista para transportar de 6.385 kW, con orixe no CT Urb. Riocobo (CD 5078) e final no apoio 9.

3. Substitución do apoio 7 polo apoio metálico C-4500/16-T4 (CA) + PAS, con función FL e de retensado do condutor LA 110 existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 13 de xullo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo