Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento dun sistema de información para a comercialización e xestión nas lonxas galegas, así como a súa implantación, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) (expediente 2017/PA/0053).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0053.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: o desenvolvemento dun sistema de información para a modernización tecnolóxica da comercialización e xestión nas lonxas galegas, así como a súa implantación naquelas que se determine, con dous proxectos (lotes): sistema de comercialización e sistemas de xestión.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 26 meses contados a partir do 1.10.2017. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución rematará non máis tarde do 30.11.2019.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: tramitación ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 2.487.355,37 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 2.487.355,37 €, máis 522.344,63 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 3.009.700,00 € (tres millóns nove mil setecentos euros), que se distribúe nas seguintes anualidades segundo os lotes:

Lote 1: sistema de comercialización.

2017: 97.043,16 € + IVE (20.379,06 € ) = 117.422,22 €.

2018: 749.742,88 € + IVE (157.446,01 € ) = 907.188,89 €.

2019: 691.891,64 € + IVE (145.297,25 € ) = 837.188,89 €.

Total: 1.538.677,69 € + IVE (323.122,31 €) = 1.861.800,00 €.

Lote 2: sistema de xestión.

2017: 76.483,01 € + IVE (16.061,43 € ) = 92.544,44 €.

2018: 436.097,34 € + IVE (91.580,44 € ) = 527.677,78 €.

2019: 436.097,34 € + IVE (91.580,44 € ) = 527.677,78 €.

Total: 948.677,69 € + IVE (199.222,31 €) = 1.147.900,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=188066

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 11.9.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Rexistro da Amtega.

Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 31.7.2017.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia