Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017245AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 6 de xuño de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2017245AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Eva María García Porto, co DNI 44841352 T, como titular do Café Bar Reencontro.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se notifica a Eva María García Porto, co DNI 44 841 352 T, como titular do Café Bar Reencontro, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 5 de xullo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017245AL-PO.

Denunciado: Eva María García Porto, co DNI 44841352 T, como titular do Café Bar Reencontro.

Último enderezo coñecido: avenida de América, núm. 1, da Estrada, Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios, que establece:

Formación. Os operadores de empresa alimentaria deberán garantir:

1) A supervisión e a instrución ou formación dos manipuladores de produtos alimenticios en cuestións de hixiene alimentaria, de acordo coa súa actividade laboral.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: cento cincuenta euros (150,00 €).