Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de xullo de 2017 pola que se fai publica a incoación da reclamación patrimonial con referencia RP 35/16.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, notifícaselle a Francisco Javier Martínez Bahamonde, con DNI 328080..., a incoación, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de expediente de reclamación patrimonial presentada por danos no seu vehículo no porto de Vilanova de Arousa, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido, sito na Urbanizacion Campos de Mirabel, nº 5, PO 2B, Calo, 15883 Teo (A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficiencia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Á vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia do interesado, nesta incoación de expediente a instrución acorda a retroacción das actuacións realizadas no expediente de referencia, e dita novo acto de iniciación do procedemento administrativo de exixencia de responsabilidade da Administración, así como conservar e incorporar ao procedemento todos os actos de instrución realizados en relación co exame e proposta de resolución desta reclamación de responsabilidade patrimonial. Así mesmo, notifícaselle ao interesado o outorgamento dun prazo de dez días hábiles para poder presentar alegacións, probas e informes que considere convenientes, incluso contra o acordo de incorporación de actos de trámite.

O expediente completo encóntrase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia, sito na praza de Europa, nº 5 A, 6ª planta, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para resolver o expediente é a Consellería do Mar para ditar a presente resolución de acordo co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

De acordo co artigo 21.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, o prazo de resolución do presente expediente e de seis meses, transcorrido o cal sen que se dite resolución expresa, poderá entender desestimada a solicitude de indemnización, segundo o previsto no artigo 24.1 parágrafo segundo da mesma lei.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia