Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 11 de xullo de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea T.C. II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea T.C. II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 11.7.2017 María del Carmen Míguez Piñeiro solicita autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea T.C. II.

Segundo. A solicitante achega a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora a favor de José Antonio Santamaría Piñeiro (52938259X), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: T.C. II.

Localización:

Cuadrícula nº: 122.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: María del Carmen Piñeiro Míguez (76493498Y) 100 % privativa.

Novo titular: José Antonio Santamaría Piñeiro (52938259X) 100 % privativa.

O novo titular da concesión administrativa subrógase nos dereitos e obrigas da anterior.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 11 de xullo de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña