Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 296/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 296/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aly Mahmoud Elelamine contra José Luis Ouviña Crujeiras, Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo declarar o executado José Luis Ouviña Crujeiras en situación de insolvencia total por importe de 5.496,39 euros en concepto de principal, máis outros 549,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación».

E para que lle sirva para os efectos de publicidade, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza