Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36607

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de publicación de extracto de convocatoria de prazas.

No Boletín Oficial da provincia número 122, do 27 de xuño de 2017, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2015:

– Unha praza de técnico de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica e integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de técnico medio de contabilidade, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.

– Unha praza de auxiliar de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 27 de xuño de 2017

(Delegación efectuada pola Resolución presidencial 2016007829,
do 25 de abril de 2016)
Carlos López Font
Deputado delegado da Deputación Provincial de Pontevedra