Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xullo de 2017, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación das Bases da reestruturación parcelaria da zona de Trazo.

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Trazo (Trazo-A Coruña), que con data do 29 de xuño de 2017, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Informada favorablemente polo comité técnico asesor a documentación integrante das bases da reestruturación parcelaria da zona de Trazo (Trazo-A Coruña), e á vista do informe do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias, oída a xunta local da zona, ao abeiro do disposto polo artigo 26 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, polo presente acto apróbanse as bases de reestruturación parcelaria da zona de Trazo (Trazo-A Coruña).

A xefatura do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persona titular de la Consellería do Medio Rural, dentro do plazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal o da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da consellería, en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 17 de xullo de 2017

Ana Arizón Fanlo
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias