Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo Accións de comunicación dixital da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia, licitado polo procedemento aberto, tramitación anticipada, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 10 de xaneiro de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: impulsar un conxunto de estratexias e accións de comunicación dixital da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia, así como do Camiño de Santiago en particular, coa intención de manter a sensibilización da poboación galega, nacional, internacional así como aos sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia na internet e redes sociais.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

– Lote 1:

Importe sen IVE: 268.595,04 €.

Importe IVE (21 %): 56.404,96 €.

Total: 325.000,00 €

– Lote 2:

Importe sen IVE: 61.983,47 €.

Importe IVE (21 %): 13.016,53 €.

Total: 75.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 3 de abril de 2017.

Lote 2: 3 de abril de 2017.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 23 de maio de 2017.

Lote 2: 6 de xuño de 2017.

c) Adxudicatario:

Lote 1: Elogia Media, S.L.

Lote 2: Elogia Media, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1. Importe sen IVE: 213.383,00 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 40.00,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia