Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para a selección, polo sistema de oposición libre, dun educador familiar, a xornada completa, na modalidade de funcionario interino para a execución dun programa de carácter temporal.

Conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 16 de xuño de 2017, convócase proceso de selección polo sistema de oposición, dun educador familiar, asimilado ao grupo A, subgrupo A2, para executar o Programa local de educación familiar.

O período de contratación sera de tres anos, contados desde a toma de posesión do funcionario, cunha xornada de traballo será de 37,5 horas semanais.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación é de dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do Concello e no Boletín Oficial da provincia.

Arzúa, 14 de xullo de 2017

José Luis García López
Alcalde