Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente ES320550031801-rexistro explotación porcina.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Gandaría.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial do Medio Rural, Servizo de Gandaría, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 11 de xullo de 2017.

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: explotación porcina ES320550031801.

Interesado: Granjas Santa Lucia, C.B.

Acto de notificación: audiencia previa á resolución de baixa dunha explotación.