De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a suspensión no correspondente expediente sancionador.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que consideren oportuno.
A Coruña, 14 de xullo de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
1. Expediente: RL 2017/345-1.
Acta inf. nº: I152017000051485.
Empresa: Insyte Instalaciones, S.A.
NIF: A79446795.
Concello: Oleiros (A Coruña)
Materia: seguridade e saúde.
Data da comunicación: 6 de xullo de 2017.