Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de melloras e substitución de beirarrúas para o cumprimento das condicións de accesibilidade na rúa Coruña, rúa Pontevedra e rúa Escola, que enlazan coa rúa Epifanio Campo Núñez e o seu encontro coa rúa Eusebio Bertoa Queijo, na Laracha.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 60/2016 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=66647

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: melloras e substitución de beirarrúas para o cumprimento das condicións de accesibilidade na rúa Coruña, rúa Pontevedra e rúa Escola, que enlazan coa rúa Epifanio Campo Núñez e o seu concontro coa rúa Eusebio Bertoa Queijo, na Laracha (A Coruña).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 109.355,57 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 109.355,57 €. Importe total: 132.320,24 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de maio de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 31 de maio de 2017.

c) Adxudicatario: Arines Obras y Proyectos, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 84.389,70 €. Importe total con IVE: 102.111,53 €.

Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio