A sociedade cooperativa agraria Icos, S. Coop. Galega, domiciliada no lugar de Sobreira, s/n, Fornas, Chantada (Lugo), CIF F27262997 por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, comunica que en asemblea xeral ordinaria da cooperativa, do 29 de xuño de 2017, se acordou a fusión, por absorción, da cooperativa coa cooperativa de segundo grao Aira, S. Coop. Galega, mediante a transformación desta en cooperativa de primeiro grao, resultando esta última a sociedade absorbente. A cooperativa resultante denominarase Aira, S. Coop. Galega.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
Chantada, 17 de xullo de 2017
Javier Taboada Rodríguez
Presidente de Icos, S. Coop. Galega