Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.
Pontevedra, 29 de xuño de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: 7735.
Interesada: Burlacu , Bianca.
(Representante: Ilie, Bogdan).
DNI/NIE/PAS (representante): Y4868568B.
Último enderezo coñecido: rúa Alfonso X O Sabio, 4, 5º A, 36211 Vigo.
Nº de expediente: 7842.
Interesado: Bechikr, Mourad.
DNI/NIE/PAS: 152911441.
Último enderezo coñecido: rúa Principal, 30, 4º A (Sta. María dos Doores P), 36500 Lalín.
Nº de expediente: 8247.
Interesada: Mira, Marimar Roxana.
(Representante: Mihalache, Roxan Razvan).
DNI/NIE/PAS (representante): X8364657V.
Último enderezo coñecido: rúa da Corredoira, 94, 2º (Sta. María dos Doores P), 36500 Lalín
Nº de expediente: 8370.
Interesado: Oliveira dos Santos, Rosalvo.
DNI/NIE /PAS: FL366473.
Último enderezo coñecido: avenida Galicia, 108, 1º, 36216 Vigo.