Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35766

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación da obra acondicionamento do nó de Sanguiñeda entre a N-120 e a N-550.

Na Xunta Local de Goberno de data 29.6.2017, aprobouse o expediente de contratación e os pregos de condicións da obra acondicionamento do nó de Sanguiñeda entre a N-120 e N-550.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

Obxecto do contrato: acondicionamento do nó de Sanguiñeda entre a N-120 e N-550.CPV 45233140-2.

Prazo de excución: 18 meses.

2. Procedemento: aberto.

3. Prezo do contrato: 825.319,01 euros máis ao que se lle engadiría o IVE 173.316,99 euros.

4. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

5. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.mos.es/ e no Concello de Mos, r/ Rexenxo, 1, Petelos, 36416 Mos (Pontevedra). Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18.

6. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas:

Clasificación: grupo G: vías e pistas.

Subgrupo 6: obras viarias ISN cualificación específica.

Categoría: 3.

7. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 26 días naturais, desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio ao que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e contendo a documentación se sinala nos pregos de condicións.

8. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o 6º día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 3 de xullo de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa