Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0126/2017-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-FE-0126/2017-PPM e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 13 de xullo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0126/2017-PPM

Abel Díaz Salazar

32722515R

Inicio

R/ Pontedeume, ptl. 9, 2º esqda., Ferrol

PSC-FE-0134/2017-PPM

Manuel Souto Rivera

32630939B

Inicio

Lg. Latedo, 1, Neda

PSC-FE-0135/2017-PPM

Sinaí Montoya Salazar

32719976S

Inicio

R/ Cedeira, ptl. 5, baixo dta., Ferrol

PSC-FE-0137/2017-PPM

María Encarnación Gabarres Camacho

52440391T

Inicio

Lg. de Pazos, Serantes, 48, Ferrol

PSC-FE-0138/2017-PPM

Antonio Gabarris Díaz

32678230Z

Inicio

Enrique Granados, bl. 41, ptl. 1, 2º A, Ferrol

PSC-FE-0128/2017-PPM

Daniel Durillo Jiménez

32701338F

Inicio

R/ Cedeira,1, 3º dta., Ferrol

PSC-FE-0175/2017-PPM

Santiago Luis Parente Bustabad

32681942T

Inicio

R/ Narón, 2, Ferrol

PSC-FE-0142/2017-PPM

José Ángel Fontes Basanta

32636177M

Inicio

Lg. As Penas, 56, Brión, Ferrol

PSC-FE-0146/2017-PPM

Soledad Gabarres Camacho

32659499M

Inicio

R/ do Prado, 24 A, 4º I, Ferrol

PSC-FE-0155/2017-PPM

Roberto Carlos Calvo Castiñeira

43555538R

Inicio

Urb. Fonte da Cruz, bl. B, 1º esqda., Narón