Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2017/102-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14 baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: LMTS, CST Cuñas-CT Ponte 6 fase 1.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: LMTS fase 1:

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 840 metros de lonxitude, con orixe no CST Cuñas e final na arqueta denominada N, anterior ao CT Ponte 3. A instalación está situada no lugar de Caldelas, Ponte Caldelas.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 6 de abril de 2017, no BOP do 27 de marzo, no xornal Faro de Vigo do 11 de maio e no taboleiro de anuncios do Concello de Ponte Caldelas. Tamén se lles notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 29 de xuño de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra