Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica aos titulares de predios afectados polo proxecto da instalación eléctrica modificado número 1 derivada Vilarbasín (Portomarín).

Ante a imposibilidade de notificación aos titulares dos predios número 4 (polígono 29, parcela 189) monte veciñal de Cortapezas e número 30 (polígono 37 e 38, parcelas 3 e 113) monte veciñal de San Mamede, mediante o presente anuncio practícaselles a preceptiva notificación da Resolución do 22 de xuño de 2017, desta xefatura territorial, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica do modificado número 1 derivada Vilarbasín, promovida pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Comunícaselle que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia, do 14 de xullo de 2017, que no seu anexo se insire a relación de predios afectados entre os que figuran os predios número 4 e 30 coas súas afeccións, que o proxecto da instalación eléctrica se poderá examinar nesta xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, andar baixo, 2, Lugo) e que poderá presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación aos titulares propostos dos citados predios, monte veciñal de Cortapezas e monte veciñal de San Mamede, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 14 de xullo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo