Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición dun sistema de laboratorio móbil integrado nun vehículo e co equipamento necesario para o control e manexo de equipamentos de medida EM e IR (expediente 12/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Teléfono: 986 81 35 56.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 12/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: sistema de laboratorio móbil integrado nun vehículo e co equipamento necesario para o control e manexo de equipamentos de medida EM e IR.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Edificio de Enxeñaría de Telecomunicacións no campus das Lagoas-Marcosende, en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de execución: seis (6) meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 34000000-7 equipamentos de transporte e produtos auxiliares. Codificación (CPA): 29 vehículos de motor remolques e semirremolques. Codificación NUTS: ES 114.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Prezo (criterio automático): 100 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 154.294 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto 154.294 € + 32.401,74 € de IVE.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, dous sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia. Servizos centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

Vigo, 17 de xullo de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo