Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35378

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2017 pola que se corrixen erros na Resolución do 29 de xullo de 2017 de delegación de competencias.

Advertidos erros na Resolución do 29 de xuño de 2017 de delegación de competencias, publicada no DOG número 130, do 10 de xullo, procede facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 33318, onde di:

«Na súa virtude, facendo uso das facultades que confiren a esta reitoría os estatutos da Universidade de Vigo, e en consonancia co que se determina nos artigos 9, 10, 12 e 14 da Lei 40/2015...».

Debe dicir:

«Na súa virtude, facendo uso das facultades que confiren a esta reitoría os estatutos da Universidade de Vigo, e en consonancia co que se determina nos artigos 9, 10, 12 e 13 da Lei 40/2015...».

Na páxina 33319, onde di:

«4. Do mesmo xeito, buscando a coordinación e participación doutros cargos administrativos en aras de cumprir máis eficazmente a tarefa de servizo público na educación superior, incorpórase na presente resolución a delegación dalgunhas das competencias atribuídas ao reitor nos directores/as, xefes/as de servizo e administradores/as e outros cargos administrativos».

Debe dicir:

«4. Do mesmo xeito, buscando a coordinación e participación doutros cargos administrativos de cara a cumprir máis eficazmente a tarefa de servizo público na educación superior, incorpórase na presente resolución a delegación dalgunhas das competencias atribuídas ao reitor nos decanos/as, directores/as, xefes/as de servizo e administradores/as e outros cargos administrativos».

Na páxina 33319, onde di:

«c) A planificación, coordinación e supervisión dos procesos de elaboración e reforma de plans de estudos correspondentes aos títulos oficiais de grao e máster».

Debe dicir:

«c) A planificación, coordinación e supervisión dos procesos de elaboración e reforma dos títulos oficiais de grao e máster».

Na páxina 33326, onde di:

«d) O fomento da internacionalización e a cooperación internacional, no ámbito de influencia do Campus de Ourense-Campus da Auga, en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais».

Debe dicir:

«d) O fomento da internacionalización e a cooperación internacional, no ámbito de influencia do Campus de Pontevedra-Campus CREA S2i, en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais».

Na páxina 33329, onde di:

«Deléganse no comisionado/a do Campus do Mar as seguintes competencias:».

Debe dicir:

«Deléganse no/na comisionado/a do Campus do Mar as seguintes competencias:».

Na páxina 33330, onde di:

«Deléganse no comisionado do Vigo-Tecnolóxico as seguintes competencias:».

Debe dicir:

«Deléganse no/na comisionado/a do Vigo Tecnolóxico as seguintes competencias:».

Na páxina 33332, onde di:

«No caso de ausencia, enfermidade ou outra causa legal que imposibilite ao xerente, será substituído automaticamente pola persoa que ocupe a Vicexerencia que designe ou, no seu defecto, polo vicexerente que acredite maior antigüidade como tal ou como membro da Universidade de Vigo».

Debe dicir:

«No caso de ausencia, enfermidade ou outra causa legal que imposibilite a persoa que ocupe a Xerencia, será substituída automaticamente pola persoa que ocupe a Vicexerencia que designe ou, na súa falta, polo/a vicexerente que acredite maior antigüidade como tal ou como membro da Universidade de Vigo».

Vigo, 14 de xullo de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo