Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de licitación para o servizo de lectura de contadores.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cuntis.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i. Dependencia: Secretaría.

ii. Domicilio: praza da Constitución, nº 4.

iii. Localidade: Cuntis. CP 36670.

iv. Teléfono: 986 54 80 05.

v. Fax: 986 53 39 95.

vi. Correo electrónico: contratación@concellodecuntis.es.

vii. Enderezo da internet do perfil do contratante: /www.contratosdegalicia.gal.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo de lectura de contadores.

c) Lugar de execución: concello de Cuntis.

d) Prazo de execución: dous (2) anos, prorrogable por un ano.

e) Código CPV principal: 65500000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterio de adxudicación: o prezo, resultará adxudicataria a oferta economicamente máis vantaxosa.

4. Valor estimado do contrato: 13.429,08 euros (excluído o IVE).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

A. Solvencia económica: volume anual de negocios por importe igual ou superior ao exixido no convite a participar no procedemento, equivalente a un ano, e nos pregos do contrato, acreditado mediante a achega do resumo da declaración do IVE presentada en Facenda (modelo 390), correspondente ao último exercicio presentado.

Trátase de que o licitador conte cos medios financeiros adecuados para o exercicio da súa actividade, moi especialmente no que se refire aos compromisos que para a execución do contrato poida contraer con terceiras persoas.

B. Solvencia técnica: unha relación dos principais servizos ou traballos realizados no últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; de ser o caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.

Entenderase acreditada a solvencia coa presentación dun certificado de boa execución dun servizo similar ao do obxecto deste contrato, de entre os que figuren na relación presentada.

C. Habilitación profesional e empresarial: para a execución deste contrato non é preciso contar con habilitación profesional e empresarial específica.

7. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da data da última publicación nun dos boletíns oficiais recollidos no prego (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Cuntis, sito na praza da Constitución, nº 4, Cuntis, 36670.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación dos anuncios nos boletíns oficiais.

Cuntis, 27 de xuño de 2017

Manuel Campos Velay
Alcalde