Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (DOI 278/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 278/2017 deste Xulgado do Social número 1 da Coruña, se ditou Resolución de data 27 xuño 2017, dirixida a Monsial, S.L, podendo interpoñer os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que sirva de notificación en legal forma a Monsial, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza