Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35460

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do 14 de xullo de 2017 polo que se dá publicidade ao Acordo do 13 de xullo de 2017 sobre o nomeamento de director/a xerente.

En virtude do establecido no punto 8 das bases reguladoras da convocatoria da selección para o posto de director/a xerente da Fundación Deporte Galego, faise público o Acordo do 13 de xullo de 2017, do Padroado da Fundación Deporte Galego, polo que se nomea a Iván Clavel San Emeterio como director xerente da Fundación Deporte Galego, para os efectos do seu xeral coñecemento e de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria e coas facultades que ten conferidas o Padroado da Fundación Deporte Galego.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017

Marta Míguez Telle
Presidenta da Fundación Deporte Galego