Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0786/2016-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0786/2016-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 10 de xullo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que

se notifica

Enderezo

PSC-CO-0786/2016-PPM

José Santiago Caamaño Beiro

78792945M

Resolución

A Xesta, 85, Serres, Muros

PSC-CO-0787/2016-PPM

Eduardo de Matos Ramos

X564329N

Resolución

Dereitos Humanos, 12, 3º, Boiro

PSC-CO-0866/2016-PPM

Isabel Posada Fernández

76969103V

Resolución

Fonte Lomba, 30, Escarabote, Boiro

PSC-CO-08962016-PPM

Francisco Manuel Tarrío Rodríguez

76967096B

Resolución

Vista Alegre, 270, Escarabote, Boiro