Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación das obras de reparación da instalación eléctrica na Residencia de Maiores Porta do Camiño (Santiago de Compostela), cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cun máximo do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, denominado Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

b) Número de expediente: 3/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: obras de reparación da instalación eléctrica na Residencia de Maiores Porta do Camiño (Santiago de Compostela), cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cun máximo do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, denominado Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores).

b) Referencia de nomenclatura: CPA: 43.21.10; CPV: 45310000-3.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 216.337,18 € (douscentos dezaseis mil trescentos trinta e sete euros con dezaoito céntimos).

IVE: 45.430,81 € (corenta e cinco mil catrocentos trinta euros con oitenta e un céntimos).

Importe total: 261.767,99 € (douscentos sesenta e un mil setecentos sesenta e sete euros con noventa e nove céntimos).

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si, 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (10.816,86 €).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono:

– Información administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez).

– Información técnica: 981 95 78 79 (Carlos Alberto Vázquez Amorín).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=138386.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación e solvencia: véxase o punto 16 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do dito prego.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O prazo terminará o vixésimo sexto día natural, ás 23.59 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares; no exterior dos sobres deberá figurar o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1º. Oficina de Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano (15781 Santiago de Compostela).

2º. As proposicións poderanse enviar por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente do indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses desde a apertura en acto público.

f) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicarán no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=138386, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación desta data.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social