Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestructura gasista da acometida APA para a subministración de gas natural a Entrepinares Proláctea, S.L. en Vilalba (Lugo), promovida pola empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A. (expediente IN627A 2017/3-2).

Para os efectos previstos nos artigos 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestructura gasista cuxo proxecto leva por título Acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. en Vilalba (Lugo), que promove a empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A.

Peticionaria:

Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A., con CIF nº A-66560152, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

Mediante a Orde do 14.10.1993, a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servizo público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Lugo e Vilalba.

Esta concesión administrativa transformouse en autorización administrativa á entrada en vigor da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, porque, segundo o establecido na súa disposición adicional sexta, todas as concesións para actividades incluídas no servizo público de subministración de gases combustibles por canalización quedan extinguidas e substituídas de pleno dereito por autorizacións administrativas.

O 5.4.2017 a empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa e aprobación da execución do proxecto de instalacións para a acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. en Vilalba (Lugo).

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista denominado Acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. en Vilalba (Lugo).

Descrición das instalacións:

O proxecto de referencia recolle as seguintes instalacións:

– Conexión co gasoduto existente en tubaxe de aceiro Ø 4” MOP 16 bar, Llanera-Vilalba.

– Antena de distribución de gas natural de 160 m hasta o punto de entrega en Entrepinares Proláctea, S.L., en tubaxe de aceiro Ø 4”, cunha válvula de corte Ø 4” PN16.

– Acometida de 3 m a Entrepinares Proláctea, S.L., en tubaxe de aceiro Ø 4”, cunha válvula de corte Ø 4” PN 16.

Termo municipal afectado:

A solicitude afecta o termo municipal de Vilalba, na provincia de Lugo.

Orzamento:

O orzamento das instalacións ascende á cantidade de vinte e tres mil cento catro con cincuenta e oito céntimos (23.104,58 €).

Afección a predios particulares:

Non se indica a existencia de afeccións a predios particulares.

O que, de acordo coa normativa invocada, se fai público para coñecemento xeral e para que aquelas persoas que se consideren afectadas polo proxecto titulado Acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. en Vilalba (Lugo) poidan examinalo nesta xefatura territorial, con enderezo na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Lugo, 28 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo