Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2017 pola que se convoca a contratación documentalmente simplificada, non suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, do servizo de limpeza do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia e da Escola de Formación Profesional Marítimo-Pesqueira de Bueu (expediente A-PO-2017/17).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Pontevedra.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; r/ Concepción Arenal 8, 2º. 36201 Vigo.

3º. Teléfonos: 986 81 72 04/986 81 76 45/886 21 82 95.

4º. Fax: 986 81 77 02.

5º. Correo electrónico: subministracions.ceei.pontevedra@xunta.gal.

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.gal.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: A-PO-2017/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (Vigo) e da Escola de Formación Profesional Marítimo-Pesqueira de Bueu.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: o sinalado na cláusula 17.1 do prego de cláusulas administrativa particulares (en diante, PCAP).

e) Prazo de execución: o sinalado na cláusula 4 do PCAP.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo non superior ao fixado orixinariamente.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Nomenclatura: CPA.2008 (81.21.10).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 10 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: 94.380,00 € (noventa e catro mil trescentos oitenta euros), IVE incluído, distribuído do seguinte xeito:

Ano 2017: (5 meses) 39.325,00 €.

Ano 2018: (7 meses) 55.055,00 €.

5. Valor estimado do contrato: 156.000,00 € (cento cincuenta e seis mil euros), incluída a posible prórroga (excluído o imposto sobre o valor engadido).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: véxase a cláusula 8.3 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, sito na rúa Concepción Arenal, 8, 36201 de Vigo, e deberá ir dirixida ao Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, sito no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Concepción Arenal, 8, 2º de Vigo. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 9 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 9 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios cuantificables mediante xuízos de valor.

Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, sito na rúa Concepción Arenal, 8, de Vigo.

c) Data e hora: indicaranse na Plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.gal.

Vigo, 14 de xullo de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra