Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-30/2017 RE e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

O acto foi acordado polo instrutor. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 29 de xuño de 2017

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-30/2017 RE.

Denunciado: Nicu Arun Cirlan.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-33/2017 RE.

Denunciado: Constantin Adrian Cirlan.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-34/2017 RE.

Denunciada: Iulica Dutca.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-35/2017 RE.

Denunciado: Anghel Marcu.

Acto notificado: proposta de resolución.