De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse aos interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 5 de xullo de 2017
A xefa territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 19.7.2016)
Luisa-Fernanda Pérez Montero
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente: CO-RES-2014-0079.
Interesado: Relu Matei.
Acto notificado: terceira multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2017-0132.
Interesado: Eloy García Seijo.
Acto notificado: acordo de iniciación.