Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, suxeito a regulación harmonizada, de vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Teritorial da Coruña: Museo das Peregrinacións e de Santiago, Museo de Belas Artes da Coruña, Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña e Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=102658

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2017. DOUE núm. 2017/S 023-040633, do 2 de febreiro de 2017. BOE núm. 37, do 13 de febreiro de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Museo das Peregrinacións e de Santiago, Museo de Belas Artes da Coruña, Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña e Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 442.500,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 27 de abril de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 30 de xuño de 2017.

c) Contratista: Security World, S.A.

d) Importe de adxudicación: 385.869,06 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria