Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35374

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade a unha modificación das condicións básicas da encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para acometer a execución das obras de construción do Centro de Saúde do Milladoiro (Ames).

Por Resolución do 26 de maio de 2017, encoméndase á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde do Milladoiro (Ames).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 5 de xullo de 2017, pola que se modifican as condicións básicas da devandita encomenda.

O obxecto da modificación consiste en atribuír, dentro das condicións básicas da encomenda para a construción do novo Centro de Saúde do Milladoiro, a dirección facultativa das obras á Axencia Galega de Infraestruturas, no canto de permanecer esta función no Servizo Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde