Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade á formalización da contratación mediante acordo marco, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, da subministración e xestión integral de medios de dixitalización e impresión de documentos en centros da Xunta de Galicia (expediente 62/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnológica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: determinar, mediante un acordo marco, as condicións homologadas que se aplicarán, durante o prazo de vixencia previsto no número 7 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), aos contratos derivados que adxudicarán os órganos de contratación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus entes instrumentais, naqueles casos en que a prestación dos servizos en materia de tecnoloxías da información e comunicacións corresponda á Amtega, así como os restantes departamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e as entidades instrumentais do sector público autonómico, calquera outro organismo público de Galicia, así como as entidades ou consorcios locais, que decidan adherirse por medio do correspondente convenio, ou instrumento xurídico que permita a súa adhesión, relativos ao obxecto que se indica no número 2.2 do PCAP. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

d) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 12.8.2016.

DOUE: 7.5.2016.

BOE: 12.8.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado do acordo marco é de 11.788.196,40 €.

5. Formalización do acordo marco:

i. Empresa número 1:

1. Data de adxudicación: 17.3.2017.

2. Data de formalización do acordo marco: 3.7.2017.

3. Contratista: NEA F3 Ibérica, S.L.U.

ii. Empresa número 2:

1. Data de adxudicación: 17.3.2017.

2. Data de formalización do acordo marco: 3.7.2017.

3. Contratista: Ricoh España, S.L.U.

iii. Empresa número 3:

1. Data de adxudicación: 17.3.2017.

2. Data de formalización do acordo marco: 3.7.2017.

3. Contratista: Xerox España, S.A.U.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia