Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35163

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de xullo de 2017 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015.

En virtude da Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Mediante a Orde do 29 de marzo de 2017 (DOG núm. 66, do 4 de abril) foron nomeadas persoal funcionario en prácticas da dita escala as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de persoas aspirantes que o superaron na súa Resolución do 7 de xullo de 2017 (DOG núm. 137, do 19 de xullo).

Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 26 de xullo de 2017, ás 10.30 horas.

Segundo. Os postos ofertados figuran como anexo II desta orde.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. As persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado da persoa responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Núm.

DNI

Apelidos e nome

1

46901012X

Carro Espada, Raquel

2

44089568V

Coego Montoto, Paula

ANEXO II

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

FCC060000115770008

FC

Xefatura de Sección

A1

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

S.X. Xestión do Feder e FCI

Santiago de Compostela

2

FCA291000032001130

FC

Xefatura Unidade de Inspección

A1

26

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación de Ourense

Ourense