Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de maio de 2017 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.57174.

O 18 de abril de 2017 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra José Antonio Bellón Lareo (t.m. Culleredo).

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado, e fáiselle saber que unha copia del atópase á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito requirimento, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia